1. INICIO
  2. > Libros
  3. > EU TAMÉN OÍN AS VOZES DO ORVALLO
EU TAMÉN OÍN AS VOZES DO ORVALLO

EU TAMÉN OÍN AS VOZES DO ORVALLO

XAVIER SEOANE
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Para amar non chega con amar. Hai que dicilo. Dicir que se quere e que se ama. Porque é dicíndoo que o amar se convirte nun feito. Mentres tanto será ou non será. Xavier Seoane non pode ocultar que escribe desde o amor, desde o amor radical e desde o amor simbiose. Radical en tanto vai e ven da…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA. S.L.
Data publicación
1994-05-22
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4876-7448-8
EAN
9788487674488
XAVIER SEOANE

XAVIER SEOANE

Ver autora

Xavier Seoane Rivas, nado na Coruña o 11 de xaneiro de 1954, é un profesor e escritor galego.

Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura na Coruña no IES Monelos. Desde 1975 vén desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como conferenciante. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos "A Carón" e "Galga". Ten colaborado, entre outras, en publicacións como Teima, Man Común, Grial, Nordés, Agalia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Luzes de Galiza, Gran Enciclopedia Gallega, El Correo Gallego, Microfisuras...

É un dos fundadores e animadores da revista Luzes de Galiza. Ten traballado en proxectos de vídeo: O pintor Luis Seoane, Luis Seoane, escritor e Arquitectura galega actual. Participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes (Leopoldo Nóvoa, Mundos, Figuraciós, Isaac Díaz Pardo, O cómic galego, Luís Seoane e o libro galego na Arxentina, Urbe, Natura, Cosmos) e colaborou con textos sobre arte en catálogos de exposicións e libros colectivos.

Ten realizado exposicións de poesía visual e experimental na Coruña, Compostela e no Estado Español, e participado en mostras de mail art.

Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de XAVIER SEOANE

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.