1. INICIO
  2. > Libros
  3. > LOBO RAMÓN. VOLVEN AS PANTASMAS
LOBO RAMÓN. VOLVEN AS PANTASMAS

LOBO RAMÓN. VOLVEN AS PANTASMAS

MARÍA CANOSA
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Esta aventura arrinca unha noite no bosque, cando, tras reparar nunhas luces estrañas, o lobo Ramón pensa se non terán unha orixe sobrenatural. Logo, ao que relata o que viu, as súas amizades tómano a chacota, mais as aparicións non cesan. Decidido a resolver o misterio, crea a Sociedade do Oso…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIONES OBRADOIRO, S.A.
Data publicación
2026-04-16
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4168-3437-2
EAN
9788416834372
MARÍA CANOSA

MARÍA CANOSA

Ver autora

María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.

Filla da escritora Concha Blanco Blanco e do profesor e escultor Manuel Canosa Santamaría, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios, titulándose como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

Traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.

Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011, ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo.

Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obra Muriel.

Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de MARÍA CANOSA

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego