Benvidos ao Gran Zootel, o hotel máis disparatado e divertido que poidas imaxinar! Susanna Isern, Pedro Mañas, Diego Arboleda e Begoña Oro, catro autores imprescindibles da literatura infantil, reúnense por primeira vez nun mesmo universo, ilustrado por Laura Brenlla. Este cofre reúne catro…
Pedro Mañas (Madrid, 1981) é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade Autónoma de Madrid. Foi precisamente alí onde un dos seus relatos foi seleccionado para unha selección de novos autores. Desde entón, fóronlle concedidos diferentes galardóns nacionais e internacionais no ámbito da narrativa infantil, entre os que destacan o premio Ler é Vivir da editorial Everest e o premio Ciudad de Málaga da editorial Anaya. Más recentemente resultou gañador do Barco de Vapor da editorial SM e do Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil, dúas dos galardóns máis prestixiosos de literatura para nenos en lingua castelá. Algunhas das súas obras premiadas foron traducidas ao francés, ao alemán, ao portugués, coreano ou ao chinés, entre outras linguas.
Hoxe en día, Pedro compaxina o seu labor literario con encontros en centros docentes e actividades de promoción da lectura. Das súas obras, os lectores e a crítica coincidiron en destacar o humor, a orixinalidade e a capacidade para achar e recrear o lado fantástico da vida cotiá.
e descubre todas as novidades do libro en galego