Malapata é un pirata ao que todo lle sae mal. Dá igual o que faga, que todo lle sairá sempre ao revés. Pero é o que pasa ás veces cando un é maleducado, caprichoso e cando non sabe compartir.Nenos e adultos non poderán parar de rir con este álbum ilustrado e as extravagantes aventuras e dificultades…
Son narradora e escritora. Nacín nun pequeno pobo da provincia de Toledo. É un lugar de conto. Ten un castelo, coas súas torres e almeas, o seu foso, uns enormes muros que baña o río e, como non, pantasmas, pasadizos secretos e demais historias que me contaba a miña avoa. Quizais por todo isto, son contista desde sempre.
Aínda que me licenciei en Dereito, o meu camiño torceuse cara ao marabilloso mundo dos contos. Agora estou perdida porque vivo del, e non só porque me dá para vivir, senón porque non podo vivir sen contar: Conto a viva voz e por escrito.
e descubre todas as novidades do libro en galego