1. INICIO
  2. > Libros
  3. > POESÍAS (IRIS) Nº 8
POESÍAS (IRIS) Nº 8

POESÍAS (IRIS) Nº 8

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Reprodución facsimilar dun caderno autógrafo de Xosé María Álvarez Blázquez, a quen vai adicado o Día das Letras Galegas do ano 2008. Este documento fai o número oito dunha serie de cadernos conservados no arquivo da familia Álvarez-Cáccamo e recolle poesías orixinais e traducións, algunhas delas…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4974-9298-0
EAN
9788497492980
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Ver autora

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985) é o editor, escritor e animador cultural homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008. A súa obra abrangue a poesía, a novela e o teatro; investigou a literatura galega, o folclore, a arqueoloxía e a historia. Fillo de Darío Álvarez Limeses, militou na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista. Membro da Real Academia Galega e Cronista Oficial da cidade de Vigo, cofundou a editorial Monterrey en 1950, que refundou en 1964 como Edicións Castrelos. 

Os seus poemarios máis destacados son Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), un libro máis intimista. Xerais xa publicara a súa poesía galega completa en 1987, reeditándoa e ampliándoa, en edición de Xabier R. Baixeras, en 2008, con motivo da homenaxe nacional do 17 de maio. Como ensaísta é autor de diversos estudos de literatura como Escolma de poesía medieval (1975) e Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1959) ou Martín Códax. Cantor do mar de Vigo (Xerais 1998). 

No ámbito da narrativa cabe citar Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971); e como autor teatral publicou O zapato do cristal, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou Os pazos altivos, unha comedia en tres actos en verso. Xerais publicou en 2008 A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo (1959), a súa monumental obra sobre a historia viguesa.

Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.