Osiño cre que atopou a profesión perfecta: quere ser Papá Noel porque está convencido de que só traballa un día ao ano. Pero a súa nai non o ten tan claro… Mentres preparan as galletas de Noiteboa, mamá Osa cóntalle todo o que Papá Noel fai durante os outros 364 días: coidar dos seus renos, ler…
José Carlos Román García naceu en Jerez de la Frontera (Cádiz). Tras diplomarse en Maxisterio e licenciarse posteriormente en Pedagoxía, desde hai máis de 20 anos dedícase en corpo e alma á súa gran paixón: Mestre de Educación Infantil. Desenvolvendo este labor profesional, foise adentrando pouco a pouco no mundo da literatura infantil. Lector incansábel de LIX e en continua busca de títulos significativos que levar á aula para deleitar os máis pequenos, pouco a pouco foi espertando nel o interese por escribir historias para nenos e en 2016 comeza a súa andadura no mundo editorial coa publicación do seu primeiro álbum ilustrado.
e descubre todas as novidades do libro en galego