1. INICIO
  2. > Libros
  3. > SEMPRE EN GALIZA
SEMPRE EN GALIZA

SEMPRE EN GALIZA

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
0 veces listado
Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2012-04-27
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5878-1
EAN
9788498658781
Avatar

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Ver autora

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial. O 15 de novembro de 2024, na conmemoración do 80º aniversario do Consello de Galiza, Castelao foi recoñecido como primeiro presidente da autonomía política do país no Parlamento de Galicia.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

Valoracións das lectoras
5.0
3 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Vítor
5

Esperabame un tratado de ciencia politica, como un debuxo técnico do que pode ser unha nación galega. Supoño que suposición mal feita, por haber escoitado a tantos falar del antes de lanzarme a lelo. O que atopo non é iso. É algo mellor posto que vexo as verbas de quen busca as razóns do seu ser, de eso que o leva a identificarse como galego, de que non só busca formas de mantelo vivo senón procura o seu futuro. A universalidade tamén é nodal, como ser galego non nega a ninguén a diferenza do que moitas veces se comenta sobre que é o nacionalismo, como se un concepto non puidera transformarse e virar nunha nova realidade. Eu cando era mais cativo nunca me identificaba con ningunha nación, entendía o feito de ser como algo azaroso, quizais dende que souben que nacerá en Suiza pero era fillo de galegos e vivia nalgo con ese nome pero tamén co de España. Son igual ca os demais, pero onde un pace non pode evitar de formar parte dunha visión do mundo de ver dun xeito propio. Este ollar é fermoso, porque querría prescindir dese saber e unirme a unha corrente de abstracto universal? O universal dende o propio é mais vivo, é o xenuíno dun ser tan diverso é complexo como o ser humano. Por eso son galego. Este diario de pensamentos razoados de Castelao analiza o feito diferencial de Galicia afondando na súa historia, pero sobre todo fala do seu presente, da guerra que o obrigou a marchar e a solución que ofrece para cando a liberdade volvese a imporse na nación. Dende que aprendín que é o krausismo vexo canto influenciou en toda a Hespaña (a federal que soñaban, sempre é cando non acabase coa nosa) contemporánea. Un pensador que deberei analizar fondamente algún día. De Castelao só dicir, como con todxs da Xeración Prodixiosa, grazas. Galiza ceibe!

Outros libros de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego