Xosé Anxo Gómez Figueira, máis coñecido como Anxo Muíños, é escritor e activista pola natureza. Gañador do Premio de Poesía do Instituto Politecnico de Santiago, no 2014 fixo o vídeo Arpa e literatura de Galicia con Iván Garmen. É autor dos libros de poesía
Ulin (Septentrión Ediciones, Boo de Piélagos, 2015) e DÓ (Medulia Editorial, 2022), a súa primeira publicación de haikus. No 2023 participou no Slam Poetry de Boveda (Lugo) co poema A oración da Dorna. No eido da narrativa, firmou as obras O alén dos barqueiros (Editorial Fanes, 2018), a saga Más allá de Ulises (Editorial Fanes, 2021) e Xinque! (Editorial Toxosoutos, 2021), esta última en colaboración coa súa filla Eila. Anxo Muíños segue sentindo fondas inquedanzas pola perda lingüística do galego, a destrución da natureza, a falla de credibilidade dos científicos, a tolemia de fabricar armas e a robotización da humanidade.
e descubre todas as novidades do libro en galego