Ramón Sánchez (Carballo, 1975). Músico. Poeta. Autodidacta. Como músico ten formado parte de diferentes grupos entre os que cabe destacar Traboute, co que edita tres discos de estudio. No eido da poesía obtén diversos recoñecementos en certames celebrados por
toda Galicia. Algúns deses poemas son recollidos en posteriores antoloxías. Tamén publica na rede “Enxeñería efémera”, unha sorte de trece pezas visuais nas que conxuga imaxe, palabra e música. En 2020 ven a luz os seus dous primeiros libros de poemas, “Descender pola nádega da montaña” e “Vagar de náuseas”. “Animálgama” é a súa primeira achega ó libro infantil.
e descubre todas as novidades do libro en galego