Nerea Pallares (Lugo, 1989) é licenciada en xornalismo e máster en Estudos Comparados de Literatura, Arte e Pensamento pola Universidade Pompeu Fabra, cunha tese sobre as novas expresións escénicas da filosofía do absurdo. Desenvolveu parte dos seus proxectos
narrativos ao longo da súa carreira, entre outras institucións, na Cité Internationale des Arts de París, no Centro de Investigação Artística Hangar de Lisboa e na Fundación Gala para Creadores Novos de Córdoba. Na actualidade traballa en Madrid coma xornalista freelance. Como autora, deu ao prelo Sidecar (2015) e Los ritos mudos (2021). Os seus contos recolléronse nas antoloxías Ellas, las extrañas (2023), unha selección das escritoras de literatura insólita máis destacadas do panorama estatal, e Pena Negra (2022), e en revistas literarias como Casapaís, Quimera, Granta e Dorna, Expresión Poética Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego