Ramón Romero Nogueira (Cambados, 1992). Con dezasete anos publicou o seu primeiro poemario, «Berros dende o Alén» (2009), grazas á Asociacion de Ensinantes do Salnés Candea. Estudou Xornalismo na USC e seguiu publicando algún poema e outros textos en revistas
universitarias e medios en liña. Ao rematar os estudos foi a Madrid probar sorte e acabou traballando rodeado de libros na libraría dunha multinacional. Despois de cinco anos de asfalto e formigón, decidiu volver a Galicia. Desde 2021 vive en Santiago de Compostela coa súa parella e dúas gatas. Volve estar rodeado de libros, xa que de novo é libreiro: desta vez nunha librería local. Compaxina este labor co traballo como locutor autónomo para publicidade, vídeos corporativos, cuñas radiofónicas etc. En 2021 botou a andar o proxecto de audiolibros en liña «Léocho. Audiolibros en galego», que xa conta cun pequeno catálogo de audiolibros de autores do Rexurdimento e principios do século XX. En Xerais publicou a obra infantil «A abelliña que perdeu as ás» (2023) e mais o poemario «Millenialismo ou sátira dunha xeración» (2026).
e descubre todas as novidades do libro en galego