1. INICIO
  2. > Libros
  3. > MILLENNIALISMO OU SÁTIRA DUNHA XERACIÓN
MILLENNIALISMO OU SÁTIRA DUNHA XERACIÓN

MILLENNIALISMO OU SÁTIRA DUNHA XERACIÓN

Ramón Romero Nogueira
0 veces listado
#challenge: apaga o móbil un par de horas, concentra ese cerebro virtualizado que tes e adéntrate nunha intranet de versos sen "postureo" nin filtros.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2026-01-15
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0760-0
EAN
9788411107600
Avatar

Ramón Romero Nogueira

Ver autor
Ramón Romero Nogueira (Cambados, 1992). Con dezasete anos publicou o seu primeiro poemario, «Berros dende o Alén» (2009), grazas á Asociacion de Ensinantes do Salnés Candea. Estudou Xornalismo na USC e seguiu publicando algún poema e outros textos en revistas universitarias e medios en liña. Ao rematar os estudos foi a Madrid probar sorte e acabou traballando rodeado de libros na libraría dunha multinacional. Despois de cinco anos de asfalto e formigón, decidiu volver a Galicia. Desde 2021 vive en Santiago de Compostela coa súa parella e dúas gatas. Volve estar rodeado de libros, xa que de novo é libreiro: desta vez nunha librería local. Compaxina este labor co traballo como locutor autónomo para publicidade, vídeos corporativos, cuñas radiofónicas etc. En 2021 botou a andar o proxecto de audiolibros en liña «Léocho. Audiolibros en galego», que xa conta cun pequeno catálogo de audiolibros de autores do Rexurdimento e principios do século XX.
En Xerais publicou a obra infantil «A abelliña que perdeu as ás» (2023) e mais o poemario «Millenialismo ou sátira dunha xeración» (2026).
Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

Que poucas lecturas hai que nos provoquen un sorriso ao tempo que nos fan reflexionar sobre as nosas contradicións e sobre o paso do tempo, igual que o fai esta, Millennialismo ou sátira dunha xeración de Ramón Romero Nogueira, publicado este ano en Xerais. Este libro de poesía que se aparta moito do que veñen sendo os poemarios habituais, preséntanos en cada poema un contraste, contraste do que somos co que queremos ser, entre o dixital e o analóxico, entre o presente e o pasado. Hai unha crítica de fondo ao que somos como xeración e un montón de claves que son compartidas polos millennials. Se empezamos polos agradecementos podemos ver cales son esas influencias das que bebeu o autor, nado o mesmo ano que o programa Luar. A poesía é a arte do estranamento, de conseguir buscar a perspectiva diferente e asomarse a esa fiestra. Isto é algo que se consegue en cada poema. Unha idea que se extrae é a crítica á vida en dixital, relegando o mundo real, "Quen vivira en Minecraft!", a idea das "pantallas mentira", ou da deriva da música que "nunca (...) escapara tan lonxe da poesía!", o feito de que somos datos e mercadoría para as empresas tecnolóxicas, chegando a Facemos tanta IA IA IA IA IA IA coma os burros. En resume: "Como vai ser progreso isto se por primeira / vez na Historia non lle sabemos os nomes / aos nosos veciños?" Desde logo, dá que pensar! Este é un libro que di moito máis do que pode parecer a primeira lectura. Un gran libro para millennials, e non só para eles!

Outros libros de Ramón Romero Nogueira

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego