1. INICIO
  2. > Libros
  3. > MEMORIAS DUN NENO LABREGO
MEMORIAS DUN NENO LABREGO

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Xosé Neira Vilas
1 veces listado
Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega contemporánea
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2012-04-18
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5883-5
EAN
9788498658835
Avatar

Xosé Neira Vilas

Ver autor

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Valoracións das lectoras e lectores
4.5
2 valoracións

5 estrelas

50%

4 estrelas

50%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
laura
5

«A todos os nenos que falan galego» Que cada vez son menos. Que fartura de chorar, meu Deus bendito. E nin sequera é un libro triste, non vos confundades, pero... Non puiden parar de chorar. Balbino di que é «un ninguén», ten razón e ao mesmo tempo non a ten. En Balbino vexo ao meu pai, vexo a todos aqueles nenos que viviron hai non tanto tempo, vexo a toda unha xeración de galegos. Xentiña que viviu e morreu, que loitou «cos trafegos da vida e coas doenzas do corpo», que non din en coñecer como me gustaría. Non chegan as palabras para describir o que me fixo sentir este libro, darei en cavilar moito tempo nel. Cavilar, cavilar e cavilar. Que sei eu!

Outros libros de Xosé Neira Vilas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego