1. INICIO
  2. > Libros
  3. > BRUXAS E DRAGONS 1: BABA IAGA
BRUXAS E DRAGONS 1: BABA IAGA

BRUXAS E DRAGONS 1: BABA IAGA

Ledicia CostasLuismi PérezBea Gregores
0 veces listado

Un libro que non só se le… tamén se xoga! Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Triqueta Verde, SLU
Idioma
GALEGO
ISBN
979-1-3875-0142-6
EAN
9791387501426
Formato
RUSTICA
Avatar

Ledicia Costas

Ver autor

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta e tres veces o Premio Lazarillo. Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Vigo, desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. En 2020 foi Premio da Cultura Galega e en 2023 Medalla Castelao. 

É unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas de literatura infantil e xuvenil da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados e foron traducidos a varios idiomas. Foi a primeira persoa en gañar tres veces o Premio Lazarillo (2015, 2017, 2021). No último (A lebre mecánica) os membros do xurado emitiron o fallo por unanimidade sinalando que se trata dunha "obra cun bo nivel de linguaxe para adolescentes" que abrangue temas como a diversidade de xénero e o xogo, e que combina o relato "de forma equilibrada e os diálogos con “reflexións contrastadas acordes coas vivencias da idade”. 

Valoracións das lectoras e lectores
4.8
4 valoracións

5 estrelas

75%

4 estrelas

25%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

Este libro-xogo é unha obra moi particular. O lector/xogador necesitará un par de dados e unha copia da ficha persoal que inicia o libro para evitar escribir nel pois poderá facer máis lecturas diferentes no futuro. Os capítulos veñen numerados e ao rematar cada un deles dásenos a opción entre saltar a dous capítulos diferentes segundo a nosa elección dentro da narración de forma que a nosa lectura pode ser moi diferente cada vez que xoguemos ou simplemente diferente á lectura que outros fagan. Cal é o argumento? Debemos vencer a Baba Iagá antes de que a fada Polvídea, última esperanza de Trisol, sucumba ao Apagamento que vai acabando con elas. Así iniciamos o noso camiño elixindo entre o camiño da espada e o da maxia na que será a nosa primeira decisión na lectura. Sinto dicir que o meu primeiro intento deu cun final infrutuoso e precipitado sen conseguir o meu propósito. Do que se trata é de seguir o noso instinto cada vez para dar co camiño correcto entre feitizos, maxia e personaxes fantásticos. Máis ca un libro-xogo é case un libro-labirinto no que hai que ler e ler buscando cada vez chegar a bo porto polo ben de Polvídea. Non dixen nada aínda das ilustracións pero non sería xusta se non o fixese. Gustoume moito como veñen integradas no texto pero sobre todo a portada, que me parece incrible. Un gran traballo de Bea Gregores. Loxicamente as lectoras e lectores deberán ter fluidez na lectura pero dado que os capítulos son breves e o ben narrado que está, creo que pode ser un libro adecuado desde os 8 anos e ata os 13, loxicamente dependendo dos gustos e nivel lector de cada persoa. Paréceme un libro fantástico como agasallo e creo que acabarei mercando máis de un porque este libro ten todo o que se busca nunha lectura infantil: divertir, entreter e facer da lectura algo divertido! Necesitamos máis libros así!

Outros libros de Ledicia Costas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego