1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CONEXIÓN MACARRÓN
CONEXIÓN MACARRÓN

CONEXIÓN MACARRÓN

Ledicia Costas
0 veces listado

A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar.…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1588-2
EAN
9788491215882
Avatar

Ledicia Costas

Ver autor

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta e tres veces o Premio Lazarillo. Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Vigo, desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. En 2020 foi Premio da Cultura Galega e en 2023 Medalla Castelao. 

É unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas de literatura infantil e xuvenil da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados e foron traducidos a varios idiomas. Foi a primeira persoa en gañar tres veces o Premio Lazarillo (2015, 2017, 2021). No último (A lebre mecánica) os membros do xurado emitiron o fallo por unanimidade sinalando que se trata dunha "obra cun bo nivel de linguaxe para adolescentes" que abrangue temas como a diversidade de xénero e o xogo, e que combina o relato "de forma equilibrada e os diálogos con “reflexións contrastadas acordes coas vivencias da idade”. 

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Que pode pasar un día de chuvia? Seguramente poucas cousas pero iso non é o que lles pasou a Espe e a Rino un día de chuvia que estaban no parque sen paraugas con "auga por arriba, auga por abaixo, auga pola esquerda e auga pola dereita". Neste libro de Ledicia Costas, Operación Macarrón, podemos ver como o peor dos días sempre pode traer algo sorprendente... ou non. Espe e Rino están xa resignados a mollarse de volta a casa cando un veciño moi xentil se ofrece a tapalos neste regreso. Si, pero non parece un veciño normal coas cellas sospeitosas, os ollos brillantes e un sombreiro que parece xirar na súa cabeza. E se é un extraterrestre? Pois nese caso haberá que facerlle como agradecemento un agasallo útil para calquera extraterrestre que teña antenas, e iso é o que Espe e Rino fan. O final do libro é do máis sorprendente e seguro que gusta a calquera neno ou nena que queira deixar voar a súa imaxinación. Unha lectura ideal para aqueles que xa comecen a facer lecturas independentes e que non se asusten con libros de trinta páxinas. A letra dun tamaño adecuado para non perderse na páxina, a lonxitude perfecta, e unhas ilustracións moi bonitas. Todo para resaltar este texto da sempre grande Ledicia Costas. Moi recomendable. Eu mesma penso lérllelo aos máis novos do meu colexio proximamente!

Outros libros de Ledicia Costas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego