Rúa do Doutor Marañón, 12, 36211 Vigo, Pontevedra
De 1979 a 2019 Edicións Xerais de Galicia publicou preto de catro mil trescentos títulos. Vendeu once millóns oitocentos mil exemplares e editou a obra de mil trescentos cincuenta autores e autoras.
A maior parte dos títulos foron publicados en lingua galega, anque ao longo dos anos editorial tamén publicou algúns en castelán, portugués e inglés. Xerais edita nos soportes impreso e dixital. Empresa de vontade educativa, dende 1980 está especializada na edición de libros de texto en lingua galega.
Na actualidade ten unha completa oferta de materiais didácticos para o ensino da lingua galega no ensino non universitario, que abrangue todos os cursos da Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. No ámbito da edición xeral, Edicións Xerais de Galicia posúe un extenso catálogo literario que aborda todos os xéneros (narrativa, poesía, teatro, xornalismo, clásicos da literatura galega...), lexicográfico (dicionarios e vocabularios), universitario, infantil e xuvenil.
e descubre todas as novidades do libro en galego