1. INICIO
  2. > Libros
  3. > A BANDA DA ALBÓNDEGA E O MISTERIO AFUNDIDO DE ARELEIRA
A BANDA DA ALBÓNDEGA E O MISTERIO AFUNDIDO DE ARELEIRA

IVANA G. ABUÍN
0 veces listado

En Areleira, unha pequena vila mariñeira onde a marea deixa ao descuberto lodo, cunchas de mexillóns e segredos, Antía e o seu can Ringo atopan unha pequena caixa enferruxada enterrada na praia. Dentro agóchase un fragmento de cerámica azul cun símbolo misterioso. O que semella ser unha simple…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIÓNS XERAIS
Data publicación
2026-10-08
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0878-2
EAN
9788411108782
IVANA G. ABUÍN

IVANA G. ABUÍN

Ver autora
Ivana Gómez Abuín (lucense de nacemento e «venidera» en Sada). Mestra de Educación Primaria, mediadora de lectura e buscadora de historias.
Formada tamén en Enxeñaría Agrícola e Topografía, aprendeu a cartografar
mapas que agora a levan a tesouros perdidos.
Imparte formacións ao profesorado, familias e crianzas, e colabora con editoras
como asesora e elaborando material didáctico. Tamén divulga sobre literatura
infantil na súa conta de Instagram @libros_e_libros e participa en charlas e
diversos proxectos relacionados coa mediación lectora.
«A Banda da Albóndega e o segredo afundido de Areleira», Premio Merlín de
Literatura Infantil 2026, é a súa primeira obra publicada. En memoria de Ringo, o xefe da banda.
Valoracións das lectoras
5.0
2 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
5

📚Teño xa nas miñas mans a obra gañadora do Premio Merlín 2026, A Bada da Albóndega e o segredo afundido de Areleira, de Ivana G. Abuín e que sairá á venda esta vindeira semana. Esta primeira novela infantil de Ivana G. Abuín, achéganos un grupo de amigos, Laura, Kike, Lúa e Ringo que atopan un pedazo de cermámica que se unirá a novas pistas que irán aparecendo mentres o grupo dá conta das albóndegas da casa de Casilda. Casilda e Pepecho falaranlles do pasado, do Azulón e de Sinda, de forma que o grupo irá dándolles sentido ás pistas, entendendo o pasado e facendo realidade o soño de Sinda. A Banda da Albóndega e o segredo afundido de Areleira é desas novelas de aventuras infantís coas que eu me criei. Misterio, amizade, diálogos ben escritos e moitas referencias a persoas e lugares que os adultos podemos recoñecer e axudarlles a comprender. Sen dúbida ten todos os ingredientes para poder gustarlle a un público de máis de oito ou nove anos e ata o final de educación primaria. Hai uns meses tiven o privilexio de poder ler esta novela como parte do xurado deste XLI Premio Merlín e estou encantada de ter nas miñas mans o tipo de libro que a min me encantaba ler de nena. O que daquela non puiden desfrutar foron as marabillosas ilustracións de Lucía Barrios que axudan a achegar esta novela aínda máis ao seu público con eses personaxes coloridos que transmiten moita forza e invitan á lectura. Só espero que a todas as lectoras e lectores lles guste tanto como a min!

Outros libros de IVANA G. ABUÍN

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.