Entre o lume do val e as néboas da serra, algo se revolve nas entrañas da Galicia máis feroz e descarnada. Unha serie atroz de asasinatos espertará a memoria dun nome perdido no tempo e, como nun segredo que se comparte en voz baixa, un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o…
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro «Cousas do «Galicia», por Castelao» (1997), ao que seguiu a crónica «Viva o Fu Remol!» (Xerais, 2005).
Como narrador publicou as seguintes novelas: «Os fillos do mar» (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; «A memoria da choiva» (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; «Morena, perigosa e románica» (Xerais, 2015); «Os fillos do lume» (Xerais, 2017); «Sen piedade» (Xerais, 2018); «Un lume azul» (Xerais, 2019); «Ninguén contará a verdade» (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela, e «»Onde nacen as bestas» (Xerais, 2025).
Ademais, publicou os libros «Camiñar o Vigo vello» (Xerais, 2018) e «Pequena historia de Vigo» (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás.
Unha serie de asasinatos sumerxe ao investigador Mateo Romano na aldea de Rebordechao a través da cal Pedro Feijoo xoga reais da Galicia máis negra para cuestionar quen son os asesinos reais: Os veciños que calan? a sociedade excluinte? a necesidade da xente do rural que leva a cometer actos impensables? O entramado empresarial/político que se aproveita do rural? Pero tanto enredo fixo que me desconectara por momentos da atmosfera misteriosa do mito quedándome coa sensación de que "menos, sería máis".
Unha trepidante historia que conecta co pasado e que te vai atrapando segundo avanzas para, aínda que nos vai dando pistas, rematar dunha maneira sorprendente.
e descubre todas as novidades do libro en galego