Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Benvide a esta sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario. Aquí estamos es ambigües, fluídes, indecises, reivindicándonos cómplices do que escape dun esencialismo que precisa que nos identifiquemos con respecto a un único xénero (definido, ademais, baixo uns parámetros moi concretos) polo que…
Benvide a esta sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario. Aquí estamos es ambigües, fluídes, indecises, reivindicándonos cómplices do que escape dun esencialismo que precisa que nos identifiquemos con respecto a un único xénero (definido, ademais, baixo uns parámetros moi concretos) polo que sintamos atracción sexual e/ou romántica. Se a fluidez ou a ambigüidade se senten como ameaza en tantos espazos débese, en gran medida, a romperen cos binarismos. A incapacidade de poder situarnos nun sitio ou noutro, de sabernos en continuo movemento, incomoda. O cisheteropatriarcado quérenos ordenades, predicibles e ben definides. Por iso, nós reivindicámonos ambigües, confuses, inestables, indóciles, desobedientes e problemátiques, porque se iso molesta débese, xustamente, a que fai cambalear todos os sistemas: o cisheterosexual, o monosexual e o monógamo. Aí encóntrase, baixo o noso punto de vista, a verdadeira revolución. Tratando cuestións tan porosas, facíanos falta un enfoque colectivo, porque xuntes somos máis fortes, crecemos e creamos mellor. Aquí poderás encontrar textos de persoas que, tal como fixeron no seu momento quen representaron o fenómeno da insubmisión, se negan cada día a se incorporar a filas, pero tamén a declarar obxección de conciencia. Así, este libro-aquelarre ofrécenos desde textos máis biográficos e políticos, até textos máis literarios que contribúen á creación dun imaxinario artístico e literario non-monosexual, falamos desde e para a periferia, tamén territorial e lingüística.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Ánxela Lema París (Muros, 1991) é investigadora posdoutoral e membro do grupo ILLA da UDC. En 2020 doutorouse en Estudos de xénero e literarios con mención internacional e cum laude. Foi lectora de lingua, literatura e cultura galegas na Université Sorbonne-Nouvelle Paris 3 (2015-2018), de español na Université de Picardie Jules Verne (2017-2018) e investigadora no Centro Ramón Piñeiro (2018-2020). Os seus ámbitos de investigación son os estudos de xénero, da sexualidade e literarios, cuestións sobre as que xa publicou diferentes traballos e impartiu conferencias e seminarios. Foi galardoada co Premio Follas Novas (2024) polo ensaio que coordinou con Andrea Nunes, «O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias» (Xerais, 2023). No ámbito da ficción publicou, xunto a Sara Villar, o poemario «ex-céntricas» (2022).