Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Luís Daviña Facal (Santiago, 1942) é licenciado en Ciencias Químicas. Na revista A Trabe de Ouro publica o artigo "Necesidade urxente dun léxico científico" (1991), seguidamente ampliado no libro Problemas do léxico científico (1993). Preocupado pola terminoloxía científica presenta no I Congreso Internacional A lingua galega. Historia e actualidade(1996) un relatorio sobre nomes vulgares de moluscos gastrópodos. Leva varios anos redactando un Dicionario das ciencias da natureza e da saúde e, na actualidade, compaxina estes traballos coa elaboración dun pequeno Manual de galego científico.