Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Como a figura artística no tapiz, os textos literarios vanse urdindo na trama social. Sen embargo, o texto e o tecido social responden a lóxicas diferentes. A lóxica propia do texto artístico, aínda utilizando materiais do tecido, responde a unha dinámica
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Antón Figueroa (Chantada, 1943), é Catedrático na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela onde ensina Literatura Francesa. Este oficio levouno a reflexionar sobre o funcionamento da comunicación literaria en contextos de contacto de linguas e de culturas e a intentar precisar os resultados literarios destas relacións, sen perder de vista a dinámica do mundo literario galego e as funcións dos seus intercambios con outras literaturas. Nesta liña básica de investigación, A. Figueroa mantén unha constante preocupación pola renovación metodolóxica dende as teorías da recepción ata o concepto de campo literario. É autor de varios libros (Diglosia e Texto, 1988; Lecturas Alleas, 1996) e de artigos como ``Texto y lectura en otra lengua´´ (1989); ``Les Problemes de la Traduction en langues minoritaires´´ (1992); ``Literatura Nacional e sistema literario´´ (1992); ``Texto extranjero y Lectura´´ (1995); etc. Froito dese interese polos contactos literarios é o seu último libro publicado en colaboración con Xoán González-MiIlán Communication littéraire et culture en Galice (1997), que trata de presentar Ó público francés a situacion do mundo literario galego.