Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Cando escribe Zona gris á mañá, Durs Grünbein vivía no sector oriental de Berlín. A propaganda da Alemania Federal utilizaba a denominación ½zona ocupada polos soviéticos╗ para se referir á República Democrática Alemana. Estes son os poemas dun escrupuloso e despiadado observador do mundo urbano.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Durs Grünbein (Dresden, 1962) é un dos novos poetas alemáns que máis éxito ten acadado entre a crítica e o público, e foi galardoado con numerosos premios, entre eles co prestixioso Georg Büchner. O seu primeiro poemario,``Zona gris á mañá´´, xorde da outra banda do Muro. Tanto ese coma os títulos que virán logo, publicados trala reunificación alemana, falan dun poeta culto, cunha enorme capacidade expresiva e un sarcástico sentido do humor, que cronifica a agonía da Alemaña Oriental pero tamén a sociedade tecnolóxica e industrial desta fin de século.