1. INICIO
  2. > Libros
  3. > WOLFRAM
WOLFRAM

WOLFRAM

ALBERTO VARELA FERREIRO
0 veces listado

1939, a Guerra Civil española remata pero un conflito moito máis grande está a piques de estoupar en Europa e no mundo, no que as novas tácticas e as novas armas van facer do volframio un mineral esencial e escaso no planeta. W. C. Morgan é destinado á sucursal de The Anglo South American Bank…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIÓNS XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1687-2
EAN
9788491216872
Formato
RUSTICA
ALBERTO VARELA FERREIRO

ALBERTO VARELA FERREIRO

Ver autora

Alberto Varela Ferreiro é ilustrador, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño. Actualmente traballa como deseñador gráfico, participa en exposicións e realiza traballos de fotografía dixital e vídeo. 

Colaborou na súa etapa universitaria en fanzines e revistas como «A Ameixa Cacofónica», «Taka de Tinta», «Gaudeaumus» ou «Trilateral», e logo na revista «Golfiño» (Xerais 2000-2001), onde publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson. Foi gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como o 1º premio do concurso de cómic da Universidade Politécnica de Catalunya, o Premio Continuará da Facultade de Sant Jordi ou o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene. 

En Xerais, como autor-ilustrador ten publicados na colección Merlín tres volumes da súa serie infantil «Anamarciana»: «Anamarciana» (2000), «Anamarciana. Vacacións en Europa» (2003) e «Anamarciana no Planeta Vermello» (2005), e tres álbums na serie Merliño centrados na problemática ecolóxica e medioambiental: «Brrumm-Brrumm» (2004), «Lume!» (2007) e «Dona Landra no Río Revolto» (2009). En banda deseñada publicou «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia» (2018), «Wolfram» (2020), «Plus Ultra. Transición ao futuro» (2022) e «O dragón anoado» (2024).

Valoracións das lectoras
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Temos aquí unha obra de banda deseñada de Alberto Varela Ferreiro, Wolfram. Espías, nazis e maquis, publicada en Xerais hai cinco anos. No estilo de Ulf de Jakobsland, da que falei non hai moito, este libro trata o período histórico da Segunda Guerra Mundial, na que os nazis viñeron a Galicia buscar wolframio para reforzar as súas armas e este mineral non é doado de atopar polo que as minas galegas adquiriron un valor estratéxico. A lectura desta banda deseñada lévanos da man do británico W. C Morgan que está destinado na sucursal do banco Anglo South American Bank, posto que lle dá cobertura como espía no seu percorrido detrás dos nazis e o seu wolfram por Galicia da man da americana Molly Morrison. Aos protagonistas sucédenlles diversos percances que sempre resolven desde o humor a pesar do perigoso da súa misión. Gustoume moito o tipo de debuxo igual que me sucedeu con obras anteriores do autor e creo que estes libros son moi importantes para darnos a coñecer o vínculo dunha Guerra que moitos estudamos como allea ao noso país pero que deixou unha pegada que aínda hoxe se pode seguir: as antenas de Cospeito, os hangares de Rozas en Lugo, nos que eu estiven tantas veces descoñecendo a súa orixe, e diversos restos afundidos preto das nosas costas. O formato de banda deseñada fai posible que este contido se achegue a un público que posiblemente non fose amigo de ler obras históricas doutro corte. Agradécese tamén o glosario final que permite ter os coñecementos necesarios para poder entender completamente a narración. Que gusto que se publiquen libros coma este!

Outros libros de ALBERTO VARELA FERREIRO

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego