Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
A loba, merecedora que foi do Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa "Carlos Blanco" de 1999, é unha novela ambientada nos anos corenta que nos leva ó Gostofrío, unha aldea do Barroso portugués, núcleo do espacio imaxinario da narrativa de Bento da Cruz. Alí váisenos revelar a…
A loba, merecedora que foi do Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa "Carlos Blanco" de 1999, é unha novela ambientada nos anos corenta que nos leva ó Gostofrío, unha aldea do Barroso portugués, núcleo do espacio imaxinario da narrativa de Bento da Cruz. Alí váisenos revelar a historia terríbel e estremecedora dunha das familias do lugar. Os Pereiras, na súa brutalidade e primitivismo, manteñen un segredo que toda a aldea coñece e que todo o mundosilecia. Debaixo da aparente rutina cotiá que marcan os labores do campo, escódense os sentimentos humanos máis escuros: u odio, a varicia, a luxuria, a crueldade; pero tamén os máis nobres, encarnados, neste caso, por algunhas personaxes femininas do relato.A traxedia de A loba aparece como unha magnífica creación literaria sobre feitos e situacións que foron comúns ás aldeas de Galicia e Portugal e que, por moi incríbel que pareza, aínda seguen a producirse hoxe en día. A loba, narrada cun estilo clásico e harmonioso, que estoupa no realismo descarnado dos diálogos, amósanos a exuberante riqueza léxica de quen domina un patrimonio lingüístico que reborda modas e patróns.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Bento da Cruz (Peirezes, Montalegre, 1925), está considerado como un clásico portugués dos nosos tempos. Autor dun bo fato de novelas, todas elas ambientadas no Noroeste de Tras-os-Montes, na terra arraiana do Barroso que el transmuta nun lugar autónomo chamado Gostofrío, Bento da Cruz preséntanos a verdade da aldea, a ruralidade vista desde o seu celme. Publicou en galego os seus romances O lobo guerrilleiro (Xerais 1996) Premio Diario de Notícias 1992 e A loba (Xerais 2000), Premio Eixo Atlántico 1999 e Premio Arcebispo Juan de san Clemente 2002.