Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
O lobo guerrilleiro -a novela coa que Bento da Cruz obtivo o Premio Diário de Noticias en 1991- narra a vida de André Lobo, nacido no Barroso e fillo de labradores, que transcorre entre amores desenfreados, intrigas familiares, contrabandistas e guerrilleiros, paisaxes case virxes e un minucioso…
O lobo guerrilleiro -a novela coa que Bento da Cruz obtivo o Premio Diário de Noticias en 1991- narra a vida de André Lobo, nacido no Barroso e fillo de labradores, que transcorre entre amores desenfreados, intrigas familiares, contrabandistas e guerrilleiros, paisaxes case virxes e un minucioso encadramento político-social. Se o azar dunha primeira paixón, levou a André Lobo a ingresar na garda fiscal, a segunda, déixao desconcertado cunha inagardada fin. Tamén o azar, levarao a apaixonarse perdidamente por Consuelo, unha fermosa guerrilleira antifranquista que alterará o rumbo da vida de Lobo. Ao mesmo tempo, nesta apaixonante novela, os lectores son confrontados coa realidade barrosana, cos problemas da Guerra Civil española e coas súas consecuencias, mesturadas nunha intensa paixón, que dá ó amor a característica dun estado de levedade.O Lobo guerrilleiro, traducido fermosamente para o galego por Moncha Fuentes Arias, -en boa parte consecuencia do forte impacto da guerrilla antifranquista galega nas terras portuguesas veciñas- é, pois, unha complexa intriga de maquis e de violencia situada nos anos posteriores a 1936, pero tamén é unha mostra grandiosa da sociedade labrega da terra do Barroso e da capital, Montalegre, onde radican os poderes caciquís e a mediocridade política. Unha novela de grande éxito en Portugal, que apaixonará, tamén, ao público galego.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Bento da Cruz (Peirezes, Montalegre, 1925), está considerado como un clásico portugués dos nosos tempos. Autor dun bo fato de novelas, todas elas ambientadas no Noroeste de Tras-os-Montes, na terra arraiana do Barroso que el transmuta nun lugar autónomo chamado Gostofrío, Bento da Cruz preséntanos a verdade da aldea, a ruralidade vista desde o seu celme. Publicou en galego os seus romances O lobo guerrilleiro (Xerais 1996) Premio Diario de Notícias 1992 e A loba (Xerais 2000), Premio Eixo Atlántico 1999 e Premio Arcebispo Juan de san Clemente 2002.