Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos…
Hoxe rematei A boca do río, a novela de Alberto Lema gañadora do XLIII Premio Xerais de Novela e tregado o pasado sábado. Con esta novela o autor preséntanos unha moi interesante proposta ambientada nos anos corenta e cincuenta do franquismo coa construción do encoro de Belesar e, paralelamente, a resistencia antifranquista na zona e as negociacións, nalgúns casos case conspiracións, da burguesía económica presentada aquí da man de Isidro Legazpi e a súa esposa Rebeca (que nos levan aos dos Condes de Fenosa). Temos varias tramas que transcorren de forma paralela desde despois da guerra ata a inauguración do encoro de Belesar e a morte do Piloto co que desaparece esta resistencia antifranquista na zona despois de vintecinco anos. Paréceme interesante o personaxe de Rebeca que atopamos como narradora da trama principal. Desde os seus ollos vemos o personaxe de Ísidro e as súas intencións sempre empresariais e de prosperidade económica ignorando os intereses persoais ou afectivos de todos os que o rodean, e aínda máis dos que se puidesen ver afectados polas súas accións. Tamén vemos da súa man a Franco e á súa familia así como á élite económica que busca reencontrar o seu lugar dentro do réxime pois a súa única ideoloxía parecen ser os dos seus negocios. Ao longo da novela pasamos de ver unha muller que idealiza ao seu curmán Isidro sen cuestionarse nada, a ser crítica cos resultados dos negocios do seu home e das súas empresas en común, pois non é impermeable ao sufrimento dos demais. Por outra banda temos a trama dos resistentes, que inicialmente buscan derrocar o novo réxime e máis tarde só buscan resistir sen obxectivos claros aínda que apreciados polos agraviados polo encoro. Finalmente atopamos unha serie de políticos falanxistas, e técnicos que buscan manter a súa influencia, a esencia do réxime no caso dos falanxistas, e acaban sucumbindo á necesidade de facer viable economicamente o réxime. Unha visión moi completa da época aínda que a min me custou dar entrado na historia pola cantidade de personaxes. Iso si, unha vez inmersa, custoume pousala ata o final. Longa pero permite comprender a Galiza dos nosos avós. Unha gran lectura.

e descubre todas as novidades do libro en galego