Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Sabemos que a beleza non é cega, que nos prefire altos e mansos. Sabemos que a censura, como a enerxía, non se extingue, transfórmase. Cómpre, entón, buscarlle as costas á relación oficial dos feitos, relatar as zonas escuras no mapa do presunto alustre das democracias occidentais. Unha puta…
Sabemos que a beleza non é cega, que nos prefire altos e mansos. Sabemos que a censura, como a enerxía, non se extingue, transfórmase. Cómpre, entón, buscarlle as costas á relación oficial dos feitos, relatar as zonas escuras no mapa do presunto alustre das democracias occidentais. Unha puta percorre Europa asexa nese extenso territorio, entre o ilegal e o obsceno, que é a nosa casa. Quere facer, por fin, visible o visible. De Jonathan Swift a Pasolini, da novela policial á novela política, da narrativa compostelá á literatura feminista, velaquí un texto escrito coas armas da literatura de masas.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Alberto Lema (Bamiro, Vimianzo, 1975) é licenciado en Filoloxía Inglesa e na actualidade traballa na Real Academia Galega. Publicou as novelas «Unha puta percorre Europa» (2008), «Sidecar» (2009), «Da Máquina» (2012) e «Pazo de inverno» (2021), así como os poemarios «Plan de fuga» (2008), «Crónica do chan» (2014) e «Río Grande» (2026). Con «A boca do río» (Xerais, 2026) conseguiu o XLIII Premio Xerais de Novela.