1. INICIO
  2. > Libros
  3. > LIXEIRO
LIXEIRO

LIXEIRO

Ismael Ramos
0 veces listado

«Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar,…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1893-7
EAN
9788491218937
Formato
RUSTICA
Valoracións das lectoras
4.7
3 valoracións

5 estrelas

67%

4 estrelas

33%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Lixeiro é unha obra de poesía publicada por Xerais en 2021 e na que Ismael Ramos nos fala da vida, da súa vida e da vida de toda unha xeración. Lixeiro debuxa unha panorámica do que é a vida desa xeración que vive preparada e non ve máis ca un presente prolongado sen que o futuro pareza chegar nunca. "Preguntades constantemente que faremos despois. Pero nós non sabemos responder con palabras. Non sabemos É coma cando as árbores dun bosque se inclinan ao mesmo tempo para indicar a dirección do vento. O seu boureo. A desorde." Este canto xeracional no que o rumbo parece indefinido está inzado de imaxes de árbores, insectos e natureza que entra na vida. A nosa vida coma a natureza. E os amigos sempre como parte da vida, acompañan compartindo a experiencia así como a falta de perspectiva. Un libro no que a contemplación supón boa parte da experiencia. O poeta aporta esa visión chea de contradición permitíndonos compartir esa percepción. Destacaría ese contraste entre o grande e o pequeno, o que é e o que esperamos ou soñamos. O eterno e o que construímos nós, "o poema de amor sobrevive ao amor", " nunca poderedes dicir se falo de Deus ou do rapaz que agarda sentado a que alguén o bique (...) medimos o tempo pola sombra das cousas. Só así podemos saber cando se detén". O poema que destacaría sería Futuro porque vén a resumir a miña lectura da obra: "Poderíamos chamarlle futuro á diferenza entre o que intentamos ser e o que somos, entre o que cremos ser e o que verdadeiramente somos. Unha fórmula próxima á decepción." Un libro moi interesante e que ben merece un par de lecturas.

Outros libros de Ismael Ramos

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego