Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
A inacción dun sistema cómplice tradúcese na parálise dun corpo, o de Iria, que se afunde no sofá mentres a súa mente tenta refuxiarse da dor lembrando outras Irias que xa non é. O retrato de Virginia Woolf, a frase recorrente dunha axenda, a colorería, os graffitis e fanzines, o Vigo dos 90, a…
A inacción dun sistema cómplice tradúcese na parálise dun corpo, o de Iria, que se afunde no sofá mentres a súa mente tenta refuxiarse da dor lembrando outras Irias que xa non é. O retrato de Virginia Woolf, a frase recorrente dunha axenda, a colorería, os graffitis e fanzines, o Vigo dos 90, a universidade, os bailes, os amantes van presentándose ante a protagonista, e ante nós, a medida que avanza no proceso de psicoterapia e na reconstrución da súa identidade. Na consulta, como na vida, os recordos sucédense en forma de fragmentos non lineais, seguindo unha lóxica asociativa e sensorial que nada ten que ver coa dos calendarios. «Tarantela», a primeira novela de Silvia Villar, é unha chamada a reconectar co corpo e co desexo, a sacudir o veleno da violencia e o remordemento e a liberarse do peso da herdanza familiar e sociocultural a través do simbolismo da música, da danza e das cores. Cunha voz natural atravesada polo humor e cun ritmo que varía ao compás dos seus estados anímicos, Iria convídanos a recompilar canda ela os fragmentos que emanan do inconsciente ata compoñer a melodía desta tarantela.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Silvia Villar, viguesa do Ribeiro, é licenciada en Filoloxía Inglesa. Os seus relatos «Madalena», «Paradoxo» e «Siboney» foron publicados entre 2022 e 2024 nas antoloxías «Relatos na rúa». Regueifeira apaixonada, participa en recitais e obradoiros de improvisación oral en verso e colaborou no proxecto «Regueifando con Pracer». «Tarantela» (Xerais, 2027) é a súa primeira novela.