Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves da Ciencia Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida.…
Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega.
Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense (Uniprex).
Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 a 2013 traballou na delegación dese medio en Cangas. Foi conferenciante e articulista en medios como Diario de Pontevedra, con diversas reportaxes na revista Luzes. Impartiu obradoiros de escrita creativa, entre eles Pontevedra Ficción.
Pertence ao Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia (representante territorial en Pontevedra) e á Federación Internacional de Periodistas. Foi pregoeira das Festas da Virxe do Carme de Marín 2015 e da Feira do Libro de Verín 2018.
Iniciouse como escritora coa triloxía de novelas xuvenís Dragal I, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010 (11ª edición en 2019); logo Dragal II. A metamorfose do dragón (4ª ed. en 2019); Dragal III. A fraternidade do dragón (2012), 2ª ed. en 2019. En 2015 comezou unha nova triloxía con Dragal IV. A estirpe do dragón e Dragal V. O segredo do dragón (2019).
O Proxecto Dragal é unha iniciativa multimedia con base na triloxía literaria Dragal. A produtora galega Ficción Producciones apostou por desenvolver un ambicioso proxecto que inclúe a acomodación da saga literaria a formatos cunha clara vertente tecnolóxica: adaptación ao cinema, creación de videoxogos para varias plataformas ou montaxe dun cómic.
POR FIN UN LIBRO DESTA SAGA QUE PODO DICIR QUE XENUINAMENTE GOSTEI. xa tiña ganas de ver o potencial que se vía dende o final do 1º libro aproveitado. creo que o punto que máis apreciei da novela é a exploración de Hadrián e da súa situación como híbrido-dragón-mutante-cousa estraña. adoro a forma na que acepta e convive coa súa parte dragón. ademais, as interaccións con Mónica e sua nai ao respecto foron cheff kiss (e non esperaba o da nai pola metade do libro, meu deus que taquicardia me deu esa sección). tamén sigo sendo fan de Brais porque pode ser un cabrón, pero é moi gracioso de ler. especialmente despois do mini plot twist que hai sobre o seu personaxe xddd. a dinámica entre el e Hadrián (e posibilemente tamén Mónica) vai cambiar bastante nos seguintes libros e non podo esperar para velo cos meus propios ollos. o lore segue sendo algo confuso (como que aínda non entendín ben que era esa sombra e que tiña exactamente a estatua do dragón), pero creo que xa me acostumei a que esta saga sexa... así. é certo que para min a reviravolta do final foi un pouco... meh? non é que me estrañe, pero se sinte un pouquiño sacado da nada. é posible que no seguinte libro se explique un pouco ao respecto, pero coa forma na que rematou este quedas un pouco como... "ok, vale, pois iso pasou, supoño". falando diso, necesito facer un comentario: realmente este ía ser o final da saga? ía ser unha triloxía e rematar así, sen máis? quizais algunhes quedaron satisfeites, mais para min este é un final MOI aberto. aberto nivel Vicious. supoño que podes ser capaz de imaxinar o que vai acontecer despois, pero está claro que quedaría moito por contar. menos mal que temos dous libros máis, a ver onde nos levan.
e descubre todas as novidades do libro en galego