1. INICIO
  2. > Libros
  3. > OS TRES NOMES DA SARTEGUA
OS TRES NOMES DA SARTEGUA

OS TRES NOMES DA SARTEGUA

ALBERTO MANCEBO
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIÓNS XERAIS
Data publicación
2026-09-03
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0860-7
EAN
9788411108607
ALBERTO MANCEBO

ALBERTO MANCEBO

Ver autora

Alberto Mancebo Soto (Vimianzo, 1983). Con quince anos comezou a colaborar na Cadena Ser da súa vila. Licenciado en Xornalismo, completou a súa formación profesional en Liverpool, a súa segunda casa e á que sempre volve.

Dende o ano 2004 traballa para a Televisión de Galicia, onde se encargou de diferentes coberturas xornalísticas por toda Europa e no Canadá, Brasil ou Panamá. Durante cinco anos foi correspondente en Portugal. Actualmente presenta o Telexornal Fin de Semana. «O que me quedaba por dicirche» (Xerais, 2023) foi a súa primeira novela e con «Indolente» (Xerais, 2024) conseguiu o XXX Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Non deixa de estudar idiomas, a súa outra gran paixón xunto coas viaxes. Foto do autor: Luis Sanmartín

Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de ALBERTO MANCEBO

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego