Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela…
a forma na que me ventilei este libro non é descriptible. e que é unha mellora en canto o primeiro en todos os sentidos. ten máis páxinas polo que, aínda que o ritmo é trepidante, temos tempo para desenvolver a trama co suspenso que merece, ademais de meternos un pouco máis na psique dos personaxes. se no 1º dicía que unha das maiores pegas era que cousas como a relación entre Xandre e Bregán ocorrían moi rápido, neste fun capaz de gozalas como debería. pasei toda a novela preocupade por estes dous e amando os seus momentos de complicidade. espero que lles vaia todo ben, biquiños pra eles <3 ogo, unha cousa que sinto que mellorou a experiencia é que non sabemos ata un bo punto do libro quen ou que está cometendo os asasinatos. no primeiro o feito de xa saber que é un lobishome e que o misterio radique no porqué non é algo malo, tamén gosto moito deste tipo de misterios (e ademais serve para enfocarnos máis na presentación dos personaxes e do mundo). a cuestión é que aquí produce tensión, unha sensación de que non sabes realmente o que está a pasar nin o que pode suceder. a maior queixa que podo pensar agora mesmo é que quedaron algunhas cousiñas colgadas, mais ten sentido porque vai haber terceira parte, a cal necesito AGORA MESMO. o terceiro libro pra cando.
e descubre todas as novidades do libro en galego