Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola vila coma un regueiro de pólvora nin que alguén vixía de preto os seus pasos. Mentres agarda por ela,…
Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega.
Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense (Uniprex).
Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 a 2013 traballou na delegación dese medio en Cangas. Foi conferenciante e articulista en medios como Diario de Pontevedra, con diversas reportaxes na revista Luzes. Impartiu obradoiros de escrita creativa, entre eles Pontevedra Ficción.
Pertence ao Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia (representante territorial en Pontevedra) e á Federación Internacional de Periodistas. Foi pregoeira das Festas da Virxe do Carme de Marín 2015 e da Feira do Libro de Verín 2018.
Iniciouse como escritora coa triloxía de novelas xuvenís Dragal I, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010 (11ª edición en 2019); logo Dragal II. A metamorfose do dragón (4ª ed. en 2019); Dragal III. A fraternidade do dragón (2012), 2ª ed. en 2019. En 2015 comezou unha nova triloxía con Dragal IV. A estirpe do dragón e Dragal V. O segredo do dragón (2019).
O Proxecto Dragal é unha iniciativa multimedia con base na triloxía literaria Dragal. A produtora galega Ficción Producciones apostou por desenvolver un ambicioso proxecto que inclúe a acomodación da saga literaria a formatos cunha clara vertente tecnolóxica: adaptación ao cinema, creación de videoxogos para varias plataformas ou montaxe dun cómic.
2.5 pero tirando máis ao 2 que ao 3. mira que o 1º libro rematou de tal forma que era unha necesidade seria para min continuar esta saga. tristemente, este libro foi unha decepción. a miña experiencia lendo isto pode resumirse a cando estás en clase de matemáticas e o profesor pregunta se se entendeu a resolución do problema máis estrambótico que podes imaxinar e todo o mundo asinte aínda que realmente ninguén ten nin puta idea de nada. é ese sentimento de deixalo estar, de deixalo correr, que total, tampouco vas entendelo mellor se repiten a explicación. o lore síntese enrevesado sen ningunha razón en particular. cando cheguei ao final dinme conta de que a situación non é tan complexa, pero ao longo do libro danse datos sen contexto (e que nun primeiro momento semellan contraditorios) que o único que fan é atrapallar o ritmo de lectura. penso que, sobre todo na primeira metade, houbo escenas que necesitaban máis tempo para desenvolverse, como a última loita entre Dragal e Hadrián na fraga. en xeral, toda esa situación resolveuse da forma máis aburrida posible. iso si, os personaxes están mellor construídos que no anterior. Hadrián aparece menos do que debería, mais cando aparece ten o meu interés. Mónica meu bebé sinto moito que todo remate nos teus ombreiros mereces biquiños e unhas vacacións. o axente Cortiñas ten issues™ ao nivel de que sinte ciumes por unha adolescente de 16 anos JSJSJSJSJSJSJ. Brais é unha mierdecilla moi entretida. e o final estivo moi ben. se fose unhe iluse subiría a nota a 3 estrelas polo último 20% do libro pero, como me pasou o mesmo co primeiro e este comezou como comezou, non vou volver caer na mesma. iso si, vou ler o terceiro porque xa o collín da biblioteca e porque teño curiosidade de ver se, por fin, algún libro desta saga vai aproveitar o seu potencial ao máximo.
e descubre todas as novidades do libro en galego