Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
A quen non lle gustaría formar parte dun club que ten a súa sede nun canastro? Cando Cibrán chega á aldea, Amelia e o resto dos «canastróns» convídano a unirse a eles se realiza unha serie de retos
Será Cibrán quen de unirse ao club? Descúbreo entre leite, ovos, fariña... e moita diversión!
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Lucía Mojón Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela e Vigo e, na actualidade, é mestra de Educación Primaria. Rodeada de libros desde nena, a literatura sempre estivo presente na súa vida, aínda que nos últimos anos a infantil cobra especial importancia para ela, debido ao seu traballo e á maternidade. Estreouse como autora en 2020 co libro «El lío de Perico», ao que seguiron outros títulos. En 2025 publica en Xerais «Biscoito de castañas», un divertido álbum ilustrado por Lucía Barrios sobre o valor dos momentos compartidos. «O club do canastro» (Xerais, 2027) é a súa primeira novela para o público infantil.