1. INICIO
  2. > Libros
  3. > A GALICIA MODERNA (1880-1939)
A GALICIA MODERNA (1880-1939)

A GALICIA MODERNA (1880-1939)

LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO
0 veces listado

A sociedade e o territorio da Galicia contemporánea son produtos históricos. Só así se entende que esa sociedade se construíse sobre a base de mecanismos sociais de igualación postos en cuestión nos distintos procesos de cambio e ruptura que se deron no país entre 1880 e 1939. Foi unha época de…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIÓNS XERAIS
Data publicación
2026-04-30
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0793-8
EAN
9788411107938
LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO

LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO

Ver autora

Lourenzo Fernández Prieto, nado en Vilagoíz (A Devesa, Ribadeo) o 28 de maio de 1961, é un historiador galego. En 2021 foi elixido membro da Real Academia Galega, pasando no 2023 a ser membro de número.

É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005. Foi secretario do IDEGA entre 1992 e 1995 e pertence ao seu Consello Científico. Elixido en varios períodos, desde 1986, membro do Claustro e da Xunta de Goberno da USC, así como do Consello Universitario de Galicia. Vicerreitor de relacións institucionais da USC entre 2007 e 2010. Na actualidade é director do departamento de Historia Contemporánea da universidade compostelá e membro do consello de administración da Editorial Galaxia. Colabora habitualmente en diversos medios de comunicación do país.

Especializado en Historia agraria e Historia do século XX, os seus ámbitos principais de traballo refiren á mudanza tecnolóxica, as mudanzas na sociedade rural contemporánea e a política da memoria.

Valoracións das lectoras
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
4

Resúltame un bo libro. Para comezar a afondar sobre estas décadas tan esenciais na conformación da Galicia contemporánea, si que me resulta moi interesante e unha boa ferramenta de inicio. Sen embargo non creo que sexa culpa súa quizais son das fontes que orientan demasiado a visión cara á zona atlántica, que sucede con Lugo, con Pontevedra, con Mondoñedo, con Ourense? Teño sensación que se sega pecar dentro de galicia dunha visión moi presentista onde o Eixo Atlántico parece o máis potente o que sempre a nivel histórico foi á zona de tracción por excelencia, olvidándose do interior como se equí non pasase nada. Se algo me deu ganas é de querer coñecer que sucedeu nesas seis décadas prodixiosas en Ourense y en todas as contornas de interior, fronte ás xa moi coñecidas e referenciadas da zonas exteriores de Galicia. Pd: Xerais por deus, eu ben sei que hai que sacar cartos, pero a edición coa letra tan grande, pero sobre todo as imaxes reducidas en blanco e negro non axuda a ver ben moita da información.

Outros libros de LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.