Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa, Ribadeo, 1961) é catedrático de Historia Contemporánea da USC, director científico do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) e actual presidente da Sociedade de Estudios de
Historia Agraria (SEHA). Especializado na historia das sociedades rurais e o cambio tecnolóxico agrario, dirixiu proxectos, teses e publicou traballos sobre a construción da modernidade no mundo rural e, tamén, sobre o tempo do golpe de estado, a guerra e a ditadura. Desde 2023 é académico da RAG. Entre os seus libros recentes conta, en colaboración, «Galicia, un golpe sin cuartel, una guerra sin trincheras, 1936-1960» (2023); «Farming, Veterinarization and Consumers in the Twentieth-Century Western Europe» (2023); «Senderos de la Historia. Miradas y actores en medio siglo de historia rural» (2021); «Leche y Lecheras en el Siglo XX, (2020); «1936. Un nuevo relato» (2020) e «Agriculture in the age of fascism: authoritarian technocracy and rural modernization, 1922-1945», (2013). En Xerais publicou «Labregos con ciencia, 1850-1939» (1992); «Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea» (2021); «Terra e Progreso. Historia Agraria da Galicia Contemporánea» (2000); «Os montes veciñais en man común: o patrimonio silente» (2006) e «A Galicia moderna (1880-1939). Unha sociedade activa, unha economía innovadora» (2026).
e descubre todas as novidades do libro en galego