Lupe Gómez (Fisteus, 1972). As súas mans xa escribían antes de ela nacer. Na aldea foi unha nena con dous oficios secretos: coidadora de vacas e carteira rural. A súa casa natal era como unha oficina de Correos, chea de contos vellos, noticias frescas e auga
dun manancial sereno. Estudou Periodismo en Santiago, e colaborou co xornal Galicia Hoxe naqueles tempos de ilusión, realizando múltiples entrevistas, críticas de libros, teatro, música. Autora de libros como O útero dos cabalos, Azul e estranxeira, Quero bailar, Diario dun bar, Diálogos imposíbeis, A grafía dos mapas... Gañou premios como o Lorenzo Baleirón, o Johán Carballeira, o Premio da Crítica e o Premio da Gala do Libro Galego. A súa obra Camuflaxe foi traducida ao inglés por Erín Moure e ao español por Antón Lopo. Pornografía, o seu primeiro libro, autoeditado en 1995, foi traducido ao castelán en 2019 por Luz Pichel. ------------------------------------------------------------------- Lupe Gómez (Fisteus, 1972). Sus manos ya escribían antes de ella nacer. En la aldea fue una niña con dos oficios secretos: cuidadora de vacas y cartera rural. Su casa natal era como una oficina de Correos, llena de cuentos antiguos, noticias frescas y agua de un manantial sereno. Estudió Periodismo en Santiago, y colaboró con el diario Galicia Hoxe en aquella época de ilusión, realizando múltiples entrevistas, críticas de libros, teatro, música. Autora de libros como O útero dos cabalos, Azul e estranxeira, Quero bailar, Diario dun bar, Diálogos imposíbeis, A grafía dos mapas... Ganó premios como el Lorenzo Baleirón, el Johán Carballeira, el Premio de la Crítica e el Premio de la Gala do Libro Galego. Su obra Camuflaxe fue traducida al inglés por Erín Moure y al español por Antón Lopo. Pornografía, su primer libro, autoeditado en 1995, fue traducido al castellano en 2019 por Luz Pichel.
e descubre todas as novidades do libro en galego