1. INICIO
  2. > Autores
  3. > MANUEL ANTÓN MOSTEIRO GARCIA
Avatar de MANUEL ANTÓN MOSTEIRO GARCIA

MANUEL ANTÓN MOSTEIRO GARCIA

Bueu , 1970
3 títulos
0 seguidores

Manuel Antón Mosteiro García, nado en Bueu o 16 de maio de 1970, é un profesor e escritor galego.

Licenciado en Filoloxía Hispánica na Subsección Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela foi profesor de Lingua e Literatura Galega no Colexio Marcote de Vigo e no Colexio Internacional Sek Atlántico de Pontevedra. Foi membro dos xurados do Premio de poesía Johan Carballeira, do Premio de Narrativa Blanco Amor e do Premio de xornalismo Johán Carballeira. Colaborou no Suplemento do Morrazo do Diario de Pontevedra e en Praza Pública baixo o pseudónimo 'O aletófilo do Morrazo'.

Foi membro fundador e presidente da Asociación de Amigos de Johan Carballeira. Colaborador da EGU.

Despois de publicar varios libros de didáctica da Lingua e Literatura Galega en Xerais, en 2020 publicou a súa primeira novela, Tres acordes para unha vella melodía, na que hai tres asasinatos en condicións semellantes, un deles do Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia.

Libros de MANUEL ANTÓN MOSTEIRO GARCIA

Traballando coa lingua
Traballando coa lingua
Traballando coa lingua. Solucionario
Traballando coa lingua. Solucionario
TRES ACORDES PARA UNHA VELLA MELODIA
TRES ACORDES PARA UNHA VELLA MELODIA

Que di a comunidade dos libros de MANUEL ANTÓN MOSTEIRO GARCIA?

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego