1. INICIO
  2. > Libros
  3. > TRES ACORDES PARA UNHA VELLA MELODIA
TRES ACORDES PARA UNHA VELLA MELODIA

TRES ACORDES PARA UNHA VELLA MELODIA

Manuel Antón Mosteiro Garcia
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
CREATESPACE
Idioma
GALEGO
ISBN
979-8-6863-3433-5
EAN
9798686334335
Avatar

Manuel Antón Mosteiro Garcia

Ver autor

Manuel Antón Mosteiro García, nado en Bueu o 16 de maio de 1970, é un profesor e escritor galego.

Licenciado en Filoloxía Hispánica na Subsección Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela foi profesor de Lingua e Literatura Galega no Colexio Marcote de Vigo e no Colexio Internacional Sek Atlántico de Pontevedra. Foi membro dos xurados do Premio de poesía Johan Carballeira, do Premio de Narrativa Blanco Amor e do Premio de xornalismo Johán Carballeira. Colaborou no Suplemento do Morrazo do Diario de Pontevedra e en Praza Pública baixo o pseudónimo 'O aletófilo do Morrazo'.

Foi membro fundador e presidente da Asociación de Amigos de Johan Carballeira. Colaborador da EGU.

Despois de publicar varios libros de didáctica da Lingua e Literatura Galega en Xerais, en 2020 publicou a súa primeira novela, Tres acordes para unha vella melodía, na que hai tres asasinatos en condicións semellantes, un deles do Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia.

Valoracións das lectoras e lectores
1.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

100%
Avatar
pialfa
1

o primeiro que necesito comentar é o estilo da escrita. foi unha cousa ruín dende o inicio ata o final da novela. hai tantos erros de comas e palabras mal postas que había momentos que eran imposibles de ler. ademais, as oracións son demasiado longas, repetindo moitos conceptos xa mencionados nas anteriores. pasou como 20 páxinas mencionando en cada frase o importante que era que a prensa non se enterase do asasinato. o peor é que estes erros eran facilmente correxibles. non era necesario nin un editor: un lector beta ou que o propio autor se lese de novo o manuscrito sería suficiente. logo pasamos ao contido do libro en si. tanto o misterio como o ritmo e como os personaxes son pobres. o libro non é especialmente longo, así que se temos en conta que máis da metade del pode resumirse en palla e frases redundantes, queda claro que non hai moito tempo para o desenvolvemento do importante. nada do que estaba pasando importábame e o protagonista parecíame soso e sen graza. xa non falo nin de personaxes secundarios: non hai. cando se empeza a saber máis sobre o pasado tiven algo de curiosidade, pero entre que os flashbacks eran un exemplo do importante que é o show don't tell e que ao final desenvolveuse dunha forma pésima, pois quedei como estaba. se as follas de palla fosen aproveitadas para amosar escenas do pasado con verdadeira complexidade o libro sería moito mellor. tal como é fai que algunhas decisións dos personaxes non teñan sentido. conclusión: este libro é unha merda. se queredes un thriller en galego hai moitas mellores opcións. se queredes algo parecido a vibe dos flashbacks (pero na época actual) lede santoamaro.

Outros libros de Manuel Antón Mosteiro Garcia

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego