Autor das novelas "Soños eléctricos" (Premio Blanco Amor 1992), "Sarou/Louzós" (Premio Café Dublín 1997), "O sangue dos camiños" (Premio Risco 2003), "O frío azul" (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2011), e "Liquidación de existencias" (2016). Tamén ten
publicado quince libros de relatos, entre eles "Endogamia 0.2" (2013) e "Flash-Black 13" (2014). Cultivou tamén o ensaio ("O gume dos espellos"), a poesía ("As máscaras de Cronos", "Criptografías", "A chuvia humana") ou a literatura infantil, tendo acadado nestes eidos, entre outros, premios como o Cidade de Ourense ou o Frei Martín Sarmiento, este último en tres ocasións para distintas idades. A súa pentaloxía futurista "As venturas de Sheila e Said", ilustrada por Miguelanxo Prado, iniciada con "Perigo vexetal" (Premio Merlín 1995), e culminada con "O camiño da Estadea" (2016).
e descubre todas as novidades do libro en galego