Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Para Xosé Miranda “Ramón Caride é un narrador realista, dun realismo tenaz, minucioso, que non se conforma coa tona das cousas e que vai ao fondo. Ao fondo escuro da alma, e do país, ou do planeta. Non se limita a poñer espellos para que nos vexamos neles. Dá un paso máis e escanéanos. Porque…
Para Xosé Miranda “Ramón Caride é un narrador realista, dun realismo tenaz, minucioso, que non se conforma coa tona das cousas e que vai ao fondo. Ao fondo escuro da alma, e do país, ou do planeta. Non se limita a poñer espellos para que nos vexamos neles. Dá un paso máis e escanéanos. Porque escrita realista non é o mesmo que escrita costumista. Caride é un escritor realista, mais, precisamente por iso, é un escritor fantástico, no senso de Todorov. Un escritor que, sen deixar de ser realista, introduce as crenzas, os degoros, as fobias dos seus personaxes na trama. Que introduce as súas dúbidas, as súas preocupacións, as súas incertezas, o seu desexo, sabendo que teñen tanta consistencia real coma os edificios ou a paisaxe. Caride non acredita de máis na cronoloxía, esa miraxe. Porque ás veces na vida hai viaxes con retorno, e mesmo finais felices. Aínda que chova”
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Autor das novelas "Soños eléctricos" (Premio Blanco Amor 1992), "Sarou/Louzós" (Premio Café Dublín 1997), "O sangue dos camiños" (Premio Risco 2003), "O frío azul" (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2011), e "Liquidación de existencias" (2016). Tamén ten publicado quince libros de relatos, entre eles "Endogamia 0.2" (2013) e "Flash-Black 13" (2014). Cultivou tamén o ensaio ("O gume dos espellos"), a poesía ("As máscaras de Cronos", "Criptografías", "A chuvia humana") ou a literatura infantil, tendo acadado nestes eidos, entre outros, premios como o Cidade de Ourense ou o Frei Martín Sarmiento, este último en tres ocasións para distintas idades. A súa pentaloxía futurista "As venturas de Sheila e Said", ilustrada por Miguelanxo Prado, iniciada con "Perigo vexetal" (Premio Merlín 1995), e culminada con "O camiño da Estadea" (2016).