Xulio Pardo de Neyra (Lugo, 1968). Actualmente profesor da Universidade da Coruña, onde lecciona lingua e literatura galegas, foi docente das universidades de Compostela, Estremadura e Católica Portuguesa. Doutor en Filoloxía Galega, Historia Contemporánea
(ambas pola Universidade de Santiago de Compostela) e Didáctica da Lingua e a Literatura (esta, co carácter de Doutor Europeo, pola Universitat de València), é a única persoa que no estado español conta con tres teses de doutoramento defendidas no seo da universidade pública. Leva a publicar contributos desde a súa adolescencia, contando na actualidade con máis de medio cento de libros. Artigos de investigación, de divulgación, ensaios, manuais e obras de narrativa, novelas e poemarios son os froitos do seu traballo, entre eles a primeira novela pornográfica da historia da literatura galega, por certo unha obra moi polémica no seo dun espazo bastante atrasado e reaccionario.
e descubre todas as novidades do libro en galego