1. INICIO
  2. > Autores
  3. > ALBERTE BLANCO CASAL
Avatar de ALBERTE BLANCO CASAL

ALBERTE BLANCO CASAL

Vilaboa , 1951
7 títulos
0 seguidores

Alberte Blanco Casal, nado en Cobres (Vilaboa) o 20 de decembro de 1951, é un enxeñeiro, profesor, escritor e político galego do BNG.

Enxeñeiro Técnico Industrial, Profesor de Tecnoloxía de Ensinanza Secundaria no instituto de Verín e tamén director entre 2002-2005. Foi Director Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (2005-2009). Exerceu como concelleiro nacionalista en Verín desde 1991 ata 2005. Foi membro do Consello Nacional do BNG.

Foi fundador da Asociación Cultural Monterrei, da súa revista A Tempo e do colectivo de animación cultural Foro Monterrei. Colaborou nos diarios dixitais Sermos Galiza, Praza Pública e Terra e Tempo, e na revista do Fórum Galaico Transmontano editada en Chaves. Tamén publicou unha colaboración semanal en Nós Diario e escribiu sobre John Lennon en Grial.

Libros de ALBERTE BLANCO CASAL

O códice esmeralda
O códice esmeralda
A soidade do inquisidor
A soidade do inquisidor
Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo
Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo
O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense
O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense
Memorias da Brétema, Historias dunha bisbarra do Ulló
Memorias da Brétema, Historias dunha bisbarra do Ulló
O Pazo das Marismas
O Pazo das Marismas
Arcadia:os gardians do segredo
Arcadia:os gardians do segredo

Que di a comunidade dos libros de ALBERTE BLANCO CASAL?

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego