Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, honesta e obxectiva, en «Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo» Alberte Blanco Casal enfoca a crise do mundo actual achegando datos e argumentos que levan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o…
Alberte Blanco Casal, nado en Cobres (Vilaboa) o 20 de decembro de 1951, é un enxeñeiro, profesor, escritor e político galego do BNG.
Enxeñeiro Técnico Industrial, Profesor de Tecnoloxía de Ensinanza Secundaria no instituto de Verín e tamén director entre 2002-2005. Foi Director Xeral de Montes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (2005-2009). Exerceu como concelleiro nacionalista en Verín desde 1991 ata 2005. Foi membro do Consello Nacional do BNG.
Foi fundador da Asociación Cultural Monterrei, da súa revista A Tempo e do colectivo de animación cultural Foro Monterrei. Colaborou nos diarios dixitais Sermos Galiza, Praza Pública e Terra e Tempo, e na revista do Fórum Galaico Transmontano editada en Chaves. Tamén publicou unha colaboración semanal en Nós Diario e escribiu sobre John Lennon en Grial.
e descubre todas as novidades do libro en galego