Xosé Luís Vázquez Somoza (Zolle, Guntín, 1961) é doutor en Lingüística Galega pola USC e catedrático de Lingua Galega e Literatura en ensino secundario. Exerceu como profesor durante 37 anos, 35 deles no IES Lucus Augusti, centro no que desempeñou o cargo de
director. Foi galardoado con distintos premios como o IX Certame de Narracións Breves Manuel Murguía -ex aequo con Xosé Carlos Caneiro-, o IX Certame de Narración Curta en galego Ánxel Fole; o X Premio de Narración Curta Concello de Marín ou o 1.º accésit no XXVIII Certame Nacional Galego de Narracións Breves Modesto Rodríguez Figueiredo, entre outros. A súa obra narrativa inclúe «Nube de seda na Lúa e outros relatos» (2009) e as novelas «O conserxe» (Xerais, 2021) e «A gobernanta» (Xerais, 2027). Ademais, participou en obras colectivas como «Paisaxes con palabras» (2001), «De soños e memorias» (2003), «Premios Pedrón de Ouro» (2001, 2005), «Terras de Chamoso» (2014) ou «Isidro Novo» (2019).
e descubre todas as novidades do libro en galego