1. INICIO
  2. Autores
  3. XAVIER CASTRO
Avatar de XAVIER CASTRO

XAVIER CASTRO

Cangas do Morrazo , 1954
8 títulos
0 seguidores

Xavier Castro Pérez, nado en Cangas o 5 de xuño de 1954, é un historiador galego.

Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela no 1977, obtendo en 1982 o doutoramento en Historia. Desde 1991 exerce a docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Impartiu docencia na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París.

Colaborou en diversas revistas e prensa diaria, tendo participado tamén en conferencias e presentado comunicacións en varios congresos de Historia Contemporánea. Foi comisario da Exposición do Cincuentenario da Editorial Galaxia (1950-2000).

Xunto a Jesús de Juana López promoveu desde 1983 as Xornadas de Historia de Galicia. Formou parte do equipo de redacción da revista Grial. É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica e da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación (Institut Europeen D’Histoire de L’Alimentation). Dirixiu varios proxectos de investigación e foi o asesor, en calidade de historiador, das series da TVG As leis de Celavella e La cocina atlántica. Impartiu cursos sobre a cultura e cata do viño.

Libros de XAVIER CASTRO

A lume manso - estudios sobre h? social de alimentacion en
A lume manso - estudios sobre h? social de alimentacion en
Rosa do vi–o, a. Cultura do vi–o en galicia
Rosa do vi–o, a. Cultura do vi–o en galicia
Cociñeiras con talento
Cociñeiras con talento
A mesa e manteis
A mesa e manteis
Historia da vida cotiá en Galicia (séculos XIX e XX)
Historia da vida cotiá en Galicia (séculos XIX e XX)
Castelao e os galeguistas do interior - cartas e documentos
Castelao e os galeguistas do interior - cartas e documentos
Ben mantidos
Ben mantidos
Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. (Séc
Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. (Séc

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego