O libro propón unha suxerente visión dunha sociedade que vivía a un ritmo máis lento e sosegado, unha sociedade na que a comida e a bebida, malia o precario vivir da maioría da poboación, eran elementos de gran importancia para o artellamento da convivencia e a vida social.
Xavier Castro Pérez, nado en Cangas o 5 de xuño de 1954, é un historiador galego.
Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela no 1977, obtendo en 1982 o doutoramento en Historia. Desde 1991 exerce a docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Impartiu docencia na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París.
Colaborou en diversas revistas e prensa diaria, tendo participado tamén en conferencias e presentado comunicacións en varios congresos de Historia Contemporánea. Foi comisario da Exposición do Cincuentenario da Editorial Galaxia (1950-2000).
Xunto a Jesús de Juana López promoveu desde 1983 as Xornadas de Historia de Galicia. Formou parte do equipo de redacción da revista Grial. É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica e da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación (Institut Europeen D’Histoire de L’Alimentation). Dirixiu varios proxectos de investigación e foi o asesor, en calidade de historiador, das series da TVG As leis de Celavella e La cocina atlántica. Impartiu cursos sobre a cultura e cata do viño.
e descubre todas as novidades do libro en galego