1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > FERNANDO FERNÁNDEZ REGO
Avatar de FERNANDO FERNÁNDEZ REGO

FERNANDO FERNÁNDEZ REGO

4 títulos
0 seguidoras
Fernando Fernández Rego. Ferrol, 1979. É licenciado en Química pola USC e traballa como profesor de educación secundaria. Ademais de administrar a web musical LaFonoteca.net, coordina a sección de música da revista Grial, escribe para Mondosonoro, Luzes e Rockdelux e colabora con múltiples plataformas, tanto dixitais como impresas. Publicou a novela Desorden (2009), un tratado de existencialismo pospunk, e tocou o relato e a poesía en Blues From A Gun. Secuencias interiores (2011). Deu ao prelo ensaios como o libro-CD 50 Anos de pop, rock e malditismo na música galega (2010) e Galicia en clips (2012), este último xunto a Pablo Portero; e biografías, como o da banda de Lugo Los Contentos, Cuando Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage) (2014), en colaboración con Piti Sanz, e a de Andrés do Barro, Andrés do Barro. Saudade (2015). En Editorial Galaxia publicou Unha Historia da música en Galicia 1952-2018 (2019) e Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo (2022). Xunto a Sergio Peck (Carrero Bianco) é o responsable do selo discográfico Ferror Records.

Libros de FERNANDO FERNÁNDEZ REGO

UNHA HISTORIA DA MÚSICA EN GALICIA 1952-2018
UNHA HISTORIA DA MÚSICA EN GALICIA 1952-2018
FERNANDO FERNÁNDEZ REGO
0 0 valoracións
SUSO VAAMONDE. A CANCIÓN LIBRE E COMPROMETIDA DUN POBO
SUSO VAAMONDE. A CANCIÓN LIBRE E COMPROMETIDA DUN POBO
FERNANDO FERNÁNDEZ REGO
0 0 valoracións
ANOS 80. MOVIDA, ATLANTISMO, VANGARDISMO, UNDERGROUND
ANOS 80. MOVIDA, ATLANTISMO, VANGARDISMO, UNDERGROUND
FERNANDO FERNÁNDEZ REGO
0 0 valoracións
ANDRÉS DO BARRO. A XÉNESE DO POP EN GALEGO
ANDRÉS DO BARRO. A XÉNESE DO POP EN GALEGO
FERNANDO FERNÁNDEZ REGO
0 0 valoracións

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.