1. INICIO
  2. > Libros
  3. > ANDRÉS DO BARRO. A XÉNESE DO POP EN GALEGO
ANDRÉS DO BARRO. A XÉNESE DO POP EN GALEGO

ANDRÉS DO BARRO. A XÉNESE DO POP EN GALEGO

FERNANDO FERNÁNDEZ REGO
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Fernando Fernández Rego achéganos á intensa vida de Andrés do Barro, marcada polo éxito e o baleiro que este trouxo consigo, así como aos tempos convulsos que lle tocou vivir, de par que nos ofrece un retrato da Galicia da época, das primeiras formacións beat, do Movemento Popular da Canción Galega…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Data publicación
2026-05-22
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6599-2
EAN
9788411765992
FERNANDO FERNÁNDEZ REGO

FERNANDO FERNÁNDEZ REGO

Ver autora
Fernando Fernández Rego. Ferrol, 1979. É licenciado en Química pola USC e traballa como profesor de educación secundaria. Ademais de administrar a web musical LaFonoteca.net, coordina a sección de música da revista Grial, escribe para Mondosonoro, Luzes e Rockdelux e colabora con múltiples plataformas, tanto dixitais como impresas. Publicou a novela Desorden (2009), un tratado de existencialismo pospunk, e tocou o relato e a poesía en Blues From A Gun. Secuencias interiores (2011). Deu ao prelo ensaios como o libro-CD 50 Anos de pop, rock e malditismo na música galega (2010) e Galicia en clips (2012), este último xunto a Pablo Portero; e biografías, como o da banda de Lugo Los Contentos, Cuando Ríes. Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage) (2014), en colaboración con Piti Sanz, e a de Andrés do Barro, Andrés do Barro. Saudade (2015). En Editorial Galaxia publicou Unha Historia da música en Galicia 1952-2018 (2019) e Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo (2022). Xunto a Sergio Peck (Carrero Bianco) é o responsable do selo discográfico Ferror Records.
Valoracións das lectoras
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de FERNANDO FERNÁNDEZ REGO

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego

Denunciar

Por que queres denunciar este contido?

Motivo

O equipo de M8 por ler revisará a denuncia. A persoa denunciada non saberá quen a fixo.