Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Laura Veiga (Gondomar, 1997) é xornalista, sexóloga e divulgadora científica. En 2020 puxo en marcha Pingando, un proxecto dedicado á divulgación menstrual e á educación sexual en redes sociais. Imparte obradoiros para crianzas, adolescentes, familias e profesorado en centros educativos, creando espazos seguros onde preguntar, aprender e desaprender. Participou en diferentes encontros de divulgación con charlas como «Máis diversidade, mellores resultados», «Un percorrido polo tabú menstrual» ou «Vampiresas, histéricas e feas». En 2022 recibiu o Premio Pioneiro no certame Youtubeiras polo seu labor divulgador.